Expertos internacionais de renome imparten leccións maxistrais na Facultade de Compostaxe

Pontevedra
16 de maio 2017

Polas aulas de formación do Príncipe Felipe están a pasar expertos internacionais de renome neste ámbito como Florian Amlinger presentado como o ideólogo e fundador do chamado 'modelo austríaco' tamén Michele Giavini, o técnico director de compostaxe de todo o norte de Italia, ou Francesc Giró, director adxunto da Axencia Catalá de Residuos

Expertos internacionais en compostaxe en rolda de prensa na Deputación Mónica Patxot

A denominada "Facultade de Compostaxe", do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, está a desenvolver a semana de maior nivel docente de todo o curso de formación dos 20 aspirantes a mestres composteros.

Polas aulas de formación do Príncipe Felipe están a pasar expertos internacionais de renome neste ámbito como Florian Amlinger presentado como o ideólogo e fundador do chamado 'modelo austríaco' tamén Michele Giavini, o técnico director de compostaxe de todo o norte de Italia, ou Francesc Virou, director adxunto da Axencia Catalá de Residuos.

O vicepresidente da Deputación, César Mosquera, xunto ao asesor de residuos Carlos Pérez, presentou este martes en rolda de prensa a estes expertos.

O enxeñeiro austríaco, Florian Amlinger, explicou aos xornalistas a súa aposta polo tratamento in situ dos residuos orgánicos a través de composteros individuais e centros de compostaxe comunitarios. O elemento distintivo do modelo austríaco, no que a Deputación tamén quere traballar, é o feito de que no país austríaco rexéitase a creación de infraestruturas de nova creación para tratar aqueles residuos que non poden ser compostados nin en centros individuais nin en centros colectivos.

A solución achegada para dar saída ao lixo orgánico de grandes núcleos poboacionais pasa por chegar a acordos con empresas do sector agropecuario. Aproveitando a existencia desas empresas e das súas plantas de tratamento específicas, os gobernos locais derivan a elas os residuos orgánicos municipais a cambio dun canon ou doutro tipo de acordo económico. Afórrase así a necesidade de crear novas plantas de tratamento específicas para o lixo municipal, a tramitación administrativa que supón, así como o posible rexeitamento veciñal por novas instalacións vinculadas co lixo.

Pola súa banda, o italiano Michele Giavini é o técnico responsable da dirección do plan de compostaxe de todo o norte de Italia, sendo a cidade de Milán o núcleo con maior densidade de habitantes que se rexe polo tratamento dos residuos orgánicos de forma individualizada.

Os obxectivos da Unión Europea son chegar a un 65% de reciclaxe, cando a media galega está nun 15%

Os veciños dispoñen de cubos específicos e bolsas compostables nas que van acumulando os restos de comida. Estes deposítanse en colectores comunitarios que sacan desde os edificios á rúa en función do día que se recolla cada fracción. Un camión leva estes biorresiduos a unha pequena planta de transferencia para despois trasladalos a unha planta de tratamento comarcal na que se realiza a compostaxe. Tamén existen puntos limpos aos que a cidadanía pode acceder mediante un cartón persoal.

Mosquera destacou que en Pontevedra non se queren mimetizar os modelos, senón que a intención é apostar polo "quilómetro cero", ou o que é o mesmo, trasladar o menos posible o lixo para o seu tratamento. "Nós apostamos polos composteiros individuais e os comunitarios, polo ‘desprazamento cero’ do lixo".

Os alumnos da "Facultade da compostaxe" tamén contaron coa participación do técnico de residuos do Concello de Usurbil, Ibon Goikoetxea, cuxo municipio ten os mellores datos de reciclaxe de todo o estado español e practicamente de Europa e tamén do técnico fundador da axencia de estudos ambientais e residuos 'Spora' Frederic Puig que fixo un percorrido polos diferentes modelos de recollida selectiva que se aplican a día de hoxe en toda Europa e subliñou que os obxectivos da Unión Europea son chegar a un 65% de reciclaxe, cando a media galega está nun 15%, e a española, na teoría, apenas acada o 30%.