Éxito do foro "As mulleres no deporte", organizado polo Salgueiriños Club de Fútbol

Pontevedra
14 de marzo 2025

Esta charla-coloquio, encaixada dentro dos actos do 8 de marzo, Día da Muller, tivo como finalidade promover o acceso das mulleres as actividades deportivas en condición de igualdade

Charla coloquio As Mulleres no Deporte
Charla coloquio As Mulleres no Deporte Salgueiriños CF

O Salgueiriños Club de Fútbol organizou unha charla-coloquio no salón de graos da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte co título "As mulleres no deporte".

O club leva dúas tempadas traballando para que as nenas de Pontevedra e a súa comarca poidan practicar fútbol.

Conta na actualidade con 50 deportistas con idades comprendidas entre os 7 e os 17 anos que levan a cabo os adestramentos e desputan os partidos nas instalación deportivas do Manolo Barreiro.

Esta charla-coloquio, encaixada dentro dos actos do 8 de marzo, Día da Muller, tivo como finalidade promover o acceso das mulleres ás actividades deportivas en condición de igualdade e reflectir unha imaxe positiva das mulleres no deporte.

Ata o de agora en Pontevedra non había equipo femenino de fútbol base e tiñan que desplazarse a outros concellos.

Na charla participaron ponentes con moita experiencia e recoñecemento no ámbito de deporte e dende diferentes prespectivas profesionais.

A charla foi conducida pola xornalista deportiva Lara Sáez e contou coa participación de Anabel Gulías, concelleria de Deportes; Marián Fernández, profesora universitaria; Paula Montes, xornalista deportiva; Laura Centoira, coach deportiva do RC Celta de Vigo; Lupe Murillo, presidenta do Pontevedra CF; Lina Garrido, vicepresidenta do Salgueiriños; Xisela Aranda, membro do consello de administración del RC Celta e Carolina Juncal e Clara García, capitanas do Salgueiriños CF.

Ao acto asistiron responsables de todos os clubes deportivos tanto femeninos como masculinos así como membros da corporación municipal e representantes da Federación Galega de Fútbol.

Nas diferentes intervencións abordouse a situación actual do fútbol feminino, dende a aceptación pasando polo seu crecemento ata as diferenzas significativas co masculino.

Tamén falaron da violencia no deporte e do abandono da práctica deportiva que se produce na post adolescencia.

Sinaláronse ás deportistas femininas que son referentes na actualidade e tamén nas distintas xeracións.

As mulleres nos postos de responsabilidade dentro dos clubs ou entidades deportivas, foi outro dos temas debatidos así como o tratamento que os medios de comunicación fan do deporte feminino.

Lina Garrido valorou positivamente esta charla-coloquio tanto pola participación acadada como pola "profesionalidade e experiencia das ponentes".

"O éxito acadado reforza a idea do club de seguir traballando con este tipo de xornadas, estas son as segundas, xa que a formación e asesoramento son moi importantes para que as deportistas teñan unha experiencia positiva na súa vida na práctica do deporte, reforzando a súa autoestima, eliminando estereotipos, e conseguindo que o porcentaxe de abandono do deporte na adolescencia sexa menor", manifestou a vicepresidenta do Salgueiriños.