A directora xeral adxunta e directora de Responsabilidade Civil Profesional de A.M.A., Raquel Murillo, solicitou unha regulación específica que dote de seguridade xurídica o desenvolvemento da telemedicina, práctica en auxe e bastante estendida como consecuencia da pandemia do coronavirus. "É indubidable que a telemedicina deixou de ser unha asignatura pendente para instalarse nas nosas vidas", sinalou.
Raquel Murillo dirixiu un seminario web sobre os "Retos e riscos da telemedicina", ao que asistiron máis de catrocentos médicos e no que interviron tres destacados ponentes de prestixio no ámbito sanitario e xurídico: Julio Mayol, director médico e de innovación do Hospital Clínico San Carlos, profesor titular de Cirurxía da UCM e membro da Real Academia Nacional de Medicina, Javier Sánchez Caro, profesor honorario da Escola Nacional de Sanidade e membro de diversos comités de Bioética; e Fernando Abellán, avogado, director de Dereito Sanitario e Asesores e doutor en medicina legal pola Universidade Complutense.
A telemedicina, asegurou Raquel Murillo, "proporciona vantaxes porque con ela se evitan desprazamentos e reduce a estancia nos centros hospitalarios", pero tamén "ocasiona inconvenientes", consecuencia "do baleiro legal no que afecta ás normas que a regulan2. "Queda moito por regular", suliñou.
Entre os obstáculos, sinalou a directora xeral adxunta de A.M.A. as dificultades que se presentan en relación á autoría da historia clínica ou sobre a información que se traslade ao paciente, ademais da dixitalización do consentimento informado. Tamén se producen dúbidas respecto á confidencialidade e a protección de datos.
O doutro Mayol destacou esta nova práctica médica como unha ferramenta valiosa, sempre que xenere un maior beneficio ao paciente e minimice os riscos; puxo énfase en destacar que esa asistencia remota ten que "xerar confianza en todos os elementos do sistema, pero en especial nos pacientes". "A telemedicina pode ser unha ferramenta moi valiosa para xerar valor se se emprega de maneira correcta. Ademais é clave xerar confianza nos pacientes e ofrecer asistencia de calidade, agora asistencia remota."
Pola súa banda, Sánchez Caro, explicou os pros e contras da utilización das novas tecnoloxías. "Hai situacións onde o modelo tradicional do cara a cara entre médico e paciente será necesario e ocasións onde non será tan preciso; é clave saber combinalos para non perder o tren da modernidade". Tamén insistíu no baleiro legal que existe actualmente para o desenvolvemento da telemedicina. este sentido propón recoller todas as súas implicacións no Código Deontolóxico da Organización Médica Colexial (OMC).
Fernando Abellán, como experto en dereito sanitario, debullou un elaborado decálogo de aspectos a ter en conta para o desenvolvemento da medicina a distancia en situación de normalidade. Dez propostas que teñen como principais obxectivos: beneficiar os pacientes, o uso racional dos recursos e reducir a presión asistencial sen reducir a calidade da atención sanitaria. Abellán, ademais, resaltou a importancia de garantir o consentimento informado como en calquera outro acto médico e a necesidade de salvagardar a intimidade dos pacientes.