"Eu agardo que sexa lexislatura da nosa cidade", afirma Lupe Murillo

Pontevedra
21 de outubro 2022

A deputada autonómica do Partido Popular, Lupe Murillo, e o portavoz do grupo municipal do PP, Rafa Domínguez, compareceron este venres en rolda de prensa para valorar os investimentos para Pontevedra incluídos nos Orzamentos para o 2023 da Xunta de Galicia.

Lupe Murillo e Rafa Domínguez PontevedraViva

"Eu agardo que sexa lexislatura da nosa cidade". Así de convencida mostrouse a deputada autonómica do Partido Popular, Lupe Murillo, que aplaudiu a xestión do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda "un presidente da cidade de Pontevedra", que presenta un "orzamento alto pero realista é cunha previsión alta de execución".

A deputada popular e o portavoz do grupo municipal do PP, Rafa Domínguez, compareceron este venres en rolda de prensa para valorar os investimentos para Pontevedra incluídos nos Orzamentos para o 2023 do Executivo galego.

Lupe Murillo destacou o "récord histórico de investimento" por parte do Goberno autonómico, que aumenta nun 14% a contía con respecto ao exercicio anterior, superando os 88 millóns.

A deputada popular sinalou que os case 64 millóns de euros que se destinarán ao Gran Montecelo supoñerán "un impulso fundamental para a sanidade pública na nosa cidade" e lembrou que tamén se dedicarán outros 9 millóns para equipamento sanitario do complajo hospitalario de Pontevedra "o máis alto investimento galego en material nestes orzamentos". 

"É un investimento importantísimo, unha aposta do presidente Rueda", argumentou.

Na comparecencia fixeron un percorrido polos 20 principais proxectos da Xunta para a capital, detallando aqueles destinados á sanidade, a seguridade viaria, o saneamento, os servizos sociais, a educación, a vivenda e o deporte.

En particular, Domínguez destacou a importancia da modernización da residencia de Campolongo (4 millóns de euros), a mellora do centro Avelino Montero (1 millón), ou o punto de encontro familiar (300.000 euros) xa que "son infraestructuras que merecían cuidado y nos congratula que se les preste la atención apropiada", explicou. 

Tamén subliñaron a "necesidade" de actuacións para mellorar a seguridade viaria, con 13 millóns de euros para investir na PO-546, na PO-223 e a PO-224.