Estudantes do IES Luis Seoane de Pontevedra gañan o Certame de Consumo Responsable Galicons

Pontevedra
21 de xuño 2023

O centro pontevedrés realizou co alumnado de bacharelato un proxecto sobre linguaxe publicitaria, que leva por título 'I Feira de sostibilidade. Pensa, consome e actúa. RE_ÉTIKA'. A proposta busca reflexionar sobre como a publicidade impacta nas vidas adolescentes e na súa contorna. Ademais fomenta o pensamento crítico e independente e fomentar a reflexión sobre os aspectos éticos, solidarios e ambientais 

Proxecto Eco-Étika
Proxecto Eco-Étika IES Luis Seoane

O IES Luís Seoane de Pontevedra lograba gañar na categoría establecída para alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio e de grao superior e formación profesional e de educación de persoas adultas do certame autonómico de consumo responsable Galicons, impulsado pola Consellería de Economía, Industra e Innovación e pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Alumnado de bacharelato presentou un proxecto sobre linguaxe publicitaria baixa o título 'I Feira de sostibilidade. Pensa, consome e actúa. RE_ÉTIKA'. A proposta reflexiona sobre a publicidade e como impacta na etapa adolescente. Tamén se convida a un pensamento crítico e independente fomentando a reflexión sobre aspectos éticos, solidarios e ambientais sobre o consumo.

Este grupo de estudantes elaborou a web de Eco-Étika como un punto de información da comunidade educativa en relación ao consumo responsable e organizaron unha feira con expositores e charlas para dar visibilidade ao lema da iniciativa.

Galicons contou coa participación de máis de 1.200 estudantes de toda Galicia.