Facer fronte á desinformación e ás ' fake news' que se difunden a través de internet. Ese é o obxectivo de máis de 60 estudantes do grao Publicidade e Relacións Públicas do Campus de Pontevedra durante este cuadrimestre.
Coordinados polo profesor Alberto Dafonte, buscarán, a través de vídeos divulgativos, mellorar a competencia mediática da cidadanía partindo do diálogo con persoas de diferentes perfís. Desta maneira, os 63 estudantes da materia 'Teoría e práctica da comunicación televisiva', elaborarán, atiendiendo ás necesidades dos distintos colectivos, unha serie de pezas audiovisuais nas que mostren recomendacións e ferramentas "de identificación e defensa ante as noticias falsas", explica o docente.
Divididos en once grupos de traballo, este "aprendizaxe-servizo ten que ver con que o alumnado adquira unhas competencias que son propias da materia, neste caso a creación de contidos audiovisuaise a súa adaptación a narrativas particulares, pero caracterízase ao mesmo tempo porque están a contribuír a mellorar algo con respecto a un colectivo”, destaca Dafonte, que con esa idea sumou como socio desta iniciativa ao banco de tempo A Redeira.
Con preto de 200 inscritos, o docente actuará como "intermediario" entre o alumnado e as diferentes persoas e colectivose tentará que "pensen como elaborar mensaxes para que cheguen aos públicos que poidan escoller, que se poñan no papel de quen vai a recibir a mensaxe", sinalou.
Así mesmo, o proxecto tamén buscará "que o alumnado entre en contacto con esta dinámica de colaboración cidadá que supón A Redeira e pase a estar máis integrado coa cidadanía de Pontevedra", explica o docente á vez que recoñece as limitacións que supón a actual situación de confinamento á hora de entrar en contacto con determinados colectivos.