Estudantes de Bélxica, Macedonia e Exipto interésanse pola mobilidade de Pontevedra

Pontevedra
12 de marzo 2014

Trátase de alumnos que participan na Cooperative mobility que se celebra en Redondela e durante esta xornada visitaron a cidade, tras manter unha xuntanza co Alcalde e o intendente da Policía Local, Daniel Macenlle

Estudantes do Cooperative mobility visitan Pontevedra Mónica Patxot

21 estudantes que participan na Cooperative mobility que se desenvolve en Redondela visitaron durante este mércores 12 de marzo a cidade de Pontevedra e mantiveron unha reunión co Alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o intendente da Policía Local, Daniel Macenlle.

Entre os visitantes encontrábanse mozos procedentes de Bélxica, Macedonia, Exipto e Galicia que participan neste programa cuxo obxectivo se centra en mostrar alternativas de mobilidade e de transporte.

Durante a visita ao Concello de Pontevedra, o alcalde explicoulles o modelo que se xestiona en Pontevedra e que obtivo o galardón do "Premio europeo Intermodes".

CITA EN DONOSTIA

Por outra banda, o intendente da Policía Local e o oficial responsable da educación viaria asistirán o próximo 14 de marzo a unhas xornadas sobre mobilidade urbana en Donostia para expoñer o proxecto dos Camiños Escolares que se desenvolve en Pontevedra.

Arquivado en