Este luns 16 comeza a demolición da estrutura dun edificio ilegal en Raxó

Poio
15 de setembro 2013

Trátase dunha edificación situada na Avenida da Toxa de 170 m² y los trabajos de demolición llevarán 45 días. O conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, visitará as obras que se realizarán cunha cisalla hidráulica e unha retroexcavadora que limitarán os danos ás vivendas próximas

Edificio A Piolla en Lameiriña, Raxó (Poio)
Edificio A Piolla en Lameiriña, Raxó (Poio) / PontevedraViva

A Axencia de Protección Urbanística (APLU) comezará este luns 16 a demolición da estrutura situada no número 17 da Avenida da Toxa en Raxó (Poio). Os traballos prolongaranse durante mes e medio. Trátase dunha edificación de 170 metros cadrados destinada a vivendas situada nas proximidades da estrada autonómica PO-308 entre Pontevedra e Sanxenxo.

O conselleiro de Medio, Agustín Hernández, visitará a zona de actuación para supervisar os primeiros traballos desta demolición que se executará en catro fases.

Durante os últimos días, os operarios xa delimitaron a zona de actuación con valados de protección e sinalización. Tamén se instalaron estruturas metálicas con redes para protexer a estrada.

A partir deste luns, procederase á derruba da estrutura de formigón mediante unha cisalla hidráulica adaptada a unha retroescavadora. Con este método as vivendas próximas sofren unha menor repercusión durante este operativo, segundo indican dende a Consellería de Medio e Territorio.

Durante os traballos, haberá restricións de tráfico en función das necesidades da obra.

O presuposto deste derrubamento alcanza os 98.000 euros e execútase por parte da Consellería tras as reiteradas negativas por parte dos promotores do edificio. Posteriormente, os gastos deberán ser aboados polos propietarios.