Este "adefesio" de 14 anos, non estará o verán que ven
Por Oskar Viéitez
O edificio da Piolla, situado na avenida da Toxa en Raxó, un esqueleto de formigón que leva 14 anos afeando o litoral de Poio, será derrubado antes do próximo verán, segundo comprometeron desde a Axencia de Protección dá Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia.
A Xunta de Galicia sacou a concurso a contratación da demolición do edificio da Piolla. Tan só o proxecto técnico custará vinte mil euros, que costeará a adminsitración autonómica, polo momento.
Os técnicos da Axencia acudiron o inmoble para iniciar a toma de datos de edificación, medicións e levantamento topográfico de cara a realización do proxecto de demolición da estrutura.
Logo de anos de pleitos, en xullo do 2011, a Axencia de Protección dá Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia dictou unha resolución declarando ilegalizables as obras executadas nos terreos, que están ademais cualificados como zona verde.
Tanto o Concello de Poio como a Xunta intentaron en reiteradas ocasións poñerse en contacto cos propietarios da construción, pero as xestións nunca alcanzaron o seu obxectivo.
Nunha visita ao edificio o xefe territorial da consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, José Luís Díaz, e o alcalde de Poio, Luciano Sobral, celebraron o inminente derrube do que non dubidaron en cualificar como "adefesio".