Estabilidade nos hospitais da área sanitaria, que ten 18 pacientes ingresados e suma 22 novos positivos nun día

Pontevedra
25 de agosto 2021

Catro pacientes mantéñense na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, a mesma cifra que o día anterior, e tampouco hai cambios na cantidade de pacientes ingresados en planta de hospitalización, 14. Hai 828 casos activos, 56 menos que o día anterior, tras 22 novos positivos e 78 altas a pacientes 

Servizo de Urxencias no hospital Montecelo Mónica Patxot

Sen cambios nos hospitais da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés durante a última xornada. A presión asistencial derivada da covid-19 mantense estable dentro dun contexto de redución do número de casos activos, sinal da que quinta onda da pandemia remite. 

Este mércores 25 de agosto a Consellería de  Sanidade reportou que hai 18 pacientes ingresados nos hospitais da área sanitaria, o mesmo número que o martes, a pesar de que nesa mesma xornada rexistrouse unha morte, unha muller de 68 anos que estaba ingresada no Hospital Montecelo e tiña patoloxías previas. Converteuse na vítima 198 da pandemia. 

Catro pacientes mantéñense na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, a mesma cifra que o día anterior, e tampouco hai cambios na cantidade de pacientes ingresados en planta de hospitalización, 14, dos que 11 están no  Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 1 no Hospital  QuirónSalud Miguel Domínguez e 2 no Hospital  do Salnés. 

En canto aos casos activos, este mércores, con datos das seis da tarde do martes, hai  828, 56 menos que o día anterior. Deles, 810 son  asintomáticos ou teñen síntomas leves e atópanse en corentena no seu domicilio.

Na última xornada rexistráronse 22 novos positivos e déronse 78 altas a pacientes -desde o inicio da xornada curáronse 19.983 pacientes-. 

En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas fixéronse 428, que elevan a 90.983 as xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria.

EVOLUCIÓN EN GALICIA

A nivel autonómico, a Consellería de  Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.780, 258 menos que a xornada anterior, despois de confirmarse nun día 567 novos positivos.

Do total de casos, 2.793 son da área da Coruña, 1.342 da de Lugo, 694 da de Ourense, 828 da de Pontevedra, 2.180 da área de Vigo, 1.223 da de Santiago e 720 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 222 en unidades de hospitalización e 9.503 no domicilio.

Por agora, en Galicia hai un total de 163.721 persoas curadas e faleceron 2.550

O número de  PCR realizadas é de 2.712.487 e o número de dose de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.950.994.