O bo tempo acompañou ao gran desfile de disfraces do Entroido de Sanxenxo en que se rexistrou unha alta participación. Ao longo da tarde, os integrantes de comparsas e os participantes individuais percorreron o tramo entre o centro de Sanxenxo e Portonovo.
A imaxinación da comitiva permitía ver recreacións de series televisivas, películas ou contos como o de 'Blancanieves' ou o de 'Alicia en el país de las maravillas', que resultou gañador da categoría de fantasía.
En categoría individual vencía 'Dino sobre ruedas' en parellas, 'Pavos reales' en grupos, 'Os ratos larpeiros' e en grupos grandes, 'Visitantes na rúa'.
Tamén este domingo se celebraba o concurso infantil, que fora adiado a esta xornada debido á chuvia. A festa rematou nunha carpa onde se entregaron os premios con actuacións musicais en un gran ambiente festivo.