Nesta sexta entrega de "A cociña gourmet en conserva" traemos un prato que ben pode servir de menú lixeiro para as comidas previas e posteriores ás grandes "enchentes" de Nadal.
Para esta ocasión, as conservas PESCAMAR bríndannos tres produtos do mar tradicionais na cociña galega: atún, berberechos e mexillóns. Esta combinación de ingredientes naturais achéganos nutrientes de alta calidade. Tanto os berberechos como os mexillóns son un bo aliado fronte á anemia, polo seu alto contido en ferro. Sumados ao atún, achegan proteínas de gran valor biolóxico, que responden as demandas dunha dieta saudable.
Para preparar uns deliciosos espaguetes á mariñeira con conservas PESCAMAR, precisamos os seguintes ingredientes:
- 250 g. de espaguetes
- 1 lata de atún PESCAMAR
- 1 lata de berberechos ao natural PESCAMAR
- 1 lata de mexillóns en escabeche PESCAMAR
- 1 cullerada de aceite de oliva
- 1 cullerada de fariña
- cuarto litro de caldo de peixe
- 1 folla de loureiro, 1 cebola pequena, 1 dente de allo, 1 pemento vermello e 1 tomate pequeno
- sal, pementa branca e pirixel picado
Preparación:
Picamos a cebola e o pemento moi miúdos e os pasamos polo aceite. Engadimos o allo tamén moi picado e o tomate.
Cando a mestura estea sofritida, incorporamos a fariña, removendo rapidamente durante uns 3 minutos, evitando que se torre.
Vertemos aos poucos o caldo de peixe e o mollo dos berberechos sen deixar de remover. Salpementamos ao gusto.
Agregamos a lata de atún, os berberechos ao natural e os mexillóns en escabeche PESCAMAR, ademais da folla de loureiro. Deixamos cocer durante 5 minutos.
Mentres tanto, poñemos tamén a cocer os espaguetes. Cando alcancen o punto "ao dente", procedemos a escorrelos e colocámolos nunha fonte. Recubrimos coa salsa e adornamos cunhas follas de pirixel.
Nuns días, farémosvos chegar unha nova suxestión culinaria, moi axeitada para combater o frío que se aveciña, con "A cociña gourmet en conserva" de Conservas PESCAMAR.