Escolares de Poio limpan de residuos a praia de Cabeceira

Poio
20 de abril 2023

Máis de vinte quilos de residuos. É a cantidade de lixo que uns 140 escolares de Poio, convocados pola Asociación Amicos, retiraron da praia de Cabeceira

Participantes na limpeza voluntaria da praia de Cabeceira Asociación Amicos

Máis de vinte quilos de residuos. É a cantidade de lixo que uns 140 escolares de Poio, convocados pola Asociación Amicos, retiraron da praia de Cabeceira.

Foi a través dunha xornada ambiental organizada para concienciar aos rapaces e rapazas participantes, procedentes de tres centros educativos, o CEIP Isidora Riestra, o CEIP Lourido e o IES de Poio, da importancia do coidado do litoral mariño das Rías Baixas.

A actividade, na que participaron trinta integrantes da asociación, retirou do areal dez quilos de plásticos, 6,5 quilos de mestura, un quilo de vidro e dous quilos de refugallos de papel.

"Para Amicos, hoxe é un día moi importante, porque forxamos unha nova alianza que nos permite seguir coa nosa tarefa de coidar do noso, coidando dos nosos", detallou a orientadora laboral da asociación, Diana Cidrás.

A xornada contou ademais coa presenza das edís Marga Caldas e Raquel Rodríguez, que destacaron que o futuro de Poio "pasa por iniciativas claramente, en verde, de concienciación e inclusión para que as novas xeracións vexan importancia de coidar do medio ambiente".