Érguete formará a 12 persoas desempregadas no sector dos coidados no fogar

Marín
10 de maio 2022

A concelleira Mónica Viqueira, acompañada pola diputada provincial Olga María García, así como de Carmen Avendaño e da directora de Érguete, Ana María Álvarez Franco, inauguraron recentemente o curso que este ano se está a desenvolver en Marín no marco do proxecto Emprego Inclusivo

Érguete formará a 12 persoas desempregadas no sector dos coidados no fogar Concello de Marín

A concelleira Mónica Viqueira, acompañada pola diputada provincial Olga María García, así como de Carmen Avendaño e da directora de Érguete, Ana María Álvarez Franco, inauguraron recentemente o curso que este ano se está a desenvolver en Marín no marco do proxecto Emprego Inclusivo.

Esta iniciativa está pensada para mellorar a empregabilidade das persoas en risco de exclusión social, facilitando a súa incorporación ou reincorporación ao mercado laboral, mediante formación ou capacitación técnica e prácticas en empresa.

Nesta ocasión, 12 persoas desempregadas están a formarse no sector dos coidados, "que ten unha alta demanda de profesionais", explica a concelleira. 

A formación será dun total de 200 horas, nos que se incluirán sesións sobre o perfil das persoas asistidas e os conceptos de autonomía persoal e dependencia; sobre como intervir con persoas dependentes; primeiros auxilios, prevención de riscos, formación en igualdade e, ademais, manipulación de alimentos alérxenos e de intolerancias alimenticias.