Entregan os premios de escaparatismo do proxecto Nova Terra

Pontevedra
07 de decembro 2020

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, entregou este luns os carteis acreditativos dos Premios de Escaparatismo do proxecto Nova Terra, impulsado pola plataforma #PonteLovers en colaboración coa Deputación

O primeiro premio foi para a Xoería-Pratería Auri
O primeiro premio foi para a Xoería-Pratería Auri Concello de Pontevedra

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, entregou este luns os carteis acreditativos dos Premios de Escaparatismo do proxecto Nova Terra, impulsado pola plataforma #PonteLovers en colaboración coa Deputación. 

O primeiro premio foi para a Xoería-Pratería Auri, situada na rúa Daniel de la Sota, fíxose co primeiro Premio grazas a unha elaborada e detallista decoración que tiña como temática central ‘O mundo das abellas’. 

O xurado, composto por técnicos municipais e pola experta en Visual Merchandising Cany Juncal, valorou tanto o feito de que o tema elixido estivese "totalmente vencellado á filosofía de Nova Terra, promovendo o seu amor á natureza e á vida saudable", como que o material empregado para a elaboración do escaparate fose natural.

O segundo premio foi para a tenda de roupa Sunset, un comercio situado na rúa Peregrina que destacou pola súa creatividade e habilidade para recrear a combinación de bosque e xardín no teito de entrada do negocio, a súa fachada o seu escaparate. 

E por último, outorgouse o terceiro Premio de Escaparatismo á tenda de complementos Ton Sac, emprazada nas inmediacións da Glorieta de Compostela, "entre outras cousas, por teren sabido conxugar o ADN da súa empresa coa filosofía do negocio, empregando un material totalmente natural".