Entre porcos e biomasa

O Salnés
23 de outubro 2012

Meis acolle a primeira granxa porcina de Galicia que incorpora a biomasa para a súa produción. Trátase do criadero máis grande das Rías Baixas cunha produción anual de máis de 14.000 porcos.

Granxa porcina PontevedraViva

Meis acolle a primeira granxa porcina de Galicia que incorpora a biomasa para a súa produción. Trátase do criadero máis grande das Rías Baixas cunha produción anual de máis de 14.000 porcos.

O proxecto permitirá aforrar máis de 13.000 euros anuais.

Granxas Porcinas Agromoscoso está situada no concello de Meis, empezou sendo unha pequena granxa familiar e cun crecemento acelerado desde 2005 conseguiu chegar a ser actualmente o maior centro de cría das Rías Baixas cunha produción de máis de 14.000 gorrinos anuais e un censo de 600 nais.

Trátase dunha das poucas granxas galegas que cría e engorda animais no mesmo proceso, o que fai que o seu produto sexa dunha elevada calidade.

Pero para chegar a ese nivel requiría ata agora dun elevado consumo de enerxía xa que só no centro de cativa e destete teñen un gasto energético que supón un custo á granja de 29.000 euros.

O proxecto consistiu na incorporación dunha caldeira de Biomasa, que actuando paralelamente ao sistema actual do centro permitirá aforrar máis de 13.000 euros anuais.