A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra deixou este martes visto para sentenza o xuízo contra Jose F.B., un home acusado dos delitos de violación con introdución de membros corporais por vía vaxinal e lesións no ámbito da violencia de xénero, por presuntamente agredir, a tentar violar á súa parella na madrugada do 3 de decembro de 2021 no domicilio no que conviviron ata esa mesma noite na Estrada.
O acusado, para o que a Fiscalía pide unha pena de 14 anos e oito meses de prisión, negou os feitos e tan só recoñeceu unha discusión. A suposta vítima faleceu antes de que o caso chegara a xuízo, de maneira que este martes se reproduciu a súa declaración durante a fase de instrución. Nela, confirma as altas doses de violencia da súa agora ex parella.
Durante a súa declaración ante o tribunal, o acusado recoñeceu só unha discusión. "Le dije que tenía que irse a su casa"m explicou. E engadiu que"simplemente la agarré, porque podía hacer una locura, como cortarse las venas” e tirouna sobre a cama "para que se estuviese quieta".
A preguntas do seu avogado defensor, relatou que discutía coa súa entón parella "a menudo" e que ela tiña "celos" con frecuencia "si me veía con otra chica". Tamén insistiu o acusado en que el é a quinta parella á que ela denuncia por agresión, algo que fai "con todos".
Engadiu, así mesmo, que unha semana antes dos feitos, durante unha viaxe a Asturias, ela tentouse suicidar "tirándose del coche en marcha " e que ese día consumiron cocaína os dous e estiveron toda a tarde practicando sexo.
En canto á declaración da vítima, o relato que se escoitou na sala de vistas, sinala que aquela madrugada primeiro mantiveron unha discusión porque "él quiso hacer el amor, yo no quise y se enfadó todo". Logo ela díxolle que quería deixar a relación "porque su estilo de vida no cuadraba para nada con el mío" e el reaccionou poñéndose "agresivo e obrigándoa irse para a súa habitación.
Xa no cuarto, empezou a agresión que ela relata. "Me cogió de las manos, del pelo, me tiró contra la cama y la rompió y me tiró contra la ventana, que también rompió". Tamén lle rompeu os pantalóns do pixama, deixouna espida e obrigouna a poñerse ás catro patas. Houbo forcexeo e insultos.
Nun momento en que el saíu da habitación, ela foi á cociña, espida, abriu a persiana e a xanela e pediu socorro, sen que ninguén a escoitase. El achegouse, pechou a persiana, púxolle un coitelo ao pescozo e díxolle¿esto es lo que quieres, arruinarme la vida?".
"Me decía: eres una mierda, una puta, una basura, te vas a ir a la calle así desnuda como puta que eres", explica a moza. Tras a discusión e tras agredila e violala cos dedos, el mesmo levouna a casa da súa nai en coche e, de camiño, díxolle: "agora vouche a levar ao cemiterio que é onde tes que estar".
Os dous axentes da Garda Civil que acudiron á chamada de auxilio da suposta vítima a noite dos feitos confirman que ela estaba "muy nerviosa" e que tiña lesións "visibles" e "evidentes".
Tamén os médicos que a atenderon en urxencias confirman esas lesións na cara, o costado, as pernas, a xeonllos ou o pescozo, e que estaba "muy alterada".
En urxencias, activouse o protocolo de actuación ante casos de agresión sexual e na sala de vistas declararon tamén o forense que a atendeu ese día e un segundo que fixo unha valoración posterior.
O primeiro forense explicou que"en la exploración genital, no encontramos lesiones", pero se a nivel físico. Ambos sinalan que "no parece probable que fuesen lesiones autoinfligidas", como asegura o acusado. Son lesións "compatibles" e "coherentes" co seu relato.