Ence quere asinar un Pacto Ambiental con Pontevedra e Galicia e comprométese a invertir 176 millóns

Pontevedra
29 de abril 2016

A empresa enviou á Consellería de Medio Ambiente unha solicitude de acordo, que ten como obxectivo "garantir o obxectivo de Ence de xerar actividades económicas sustentables na Ría de Pontevedra e compatibles co medio ambiente". Inclúe cinco millóns de euros para rehabilitar o Pazo de Lourizán

Fábrica de ENCE en Lourizán Mónica Patxot

A empresa Ence pon sobre a mesa un 'Pacto Ambiental' que se compromete a asinar con Pontevedra e con Galicia en base ao que contempla investimentos de ata 176 millóns de euros e pon xa unha cifra a actuacións que se anunciaron nas últimas semanas e meses como a rehabilitación do Pazo de Lourizán, á que destinaría cinco millones de euros

Segundo informou a empresa a través dun comunicado, esa solicitude para asinar o pacto remitírona á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e ten como obxectivo "garantir o obxectivo de Ence de xerar actividades económicas sustentables na Ría de Pontevedra e compatibles co medio ambiente".

A solicitude inclúe compromisos con proxectos dos que Ence xa falara con anterioridade, como a creación de tres centros de bioenerxía que suporán un investimento de 20 millóns de euros e estarán adicados á captación e astillado de madeira de eucalipto e de piñeiro. Non se concretou onde se crearán, pero si que un será na provincia de Pontevedra.

En relación coa rehabilitación do Pazo de Lourizán, que lle propuxo a Xunta de Galiciaa empresa explica que o obxectivo é que en parte das instalacións se instalará un novo centro de I+D Forestal, que contribuirá á creación de novos empregos cualificados. Dado que para o correcto funcionamento do centro especializado é preciso contar cunhas instalacións en bo estado e adecuadamente dotadas, acometerá un proxecto de rehabilitación para solucionar definitivamente a súa actual situación de deterioro.

Comprométese a colaborar coa Deputación Provincial de Pontevedra e cos concellos de Pontevedra, Poio e Marín

Na súa proposta, Ence propón que "o Pacto Ambiental sexa a canle de promoción de todas as estratexias e accións" destinadas a facer da súa fábrica de Pontevedra un referente ambiental mundial e a favorecer a zona de influencia do seu centro de operacións de Pontevedra. Para logralo, comprométese a colaborar coa Deputación Provincial de Pontevedra e cos concellos de Pontevedra, Poio e Marín.

A estes proxectos sumaríanse outros en melloras ambientais e de eficiencia enerxética na fábrica xa anunciados nos últimos meses e que suporán investimentos de ata 131 millóns de euros en Lourizán. Entre eles están o proxecto Novo Ciclo da Auga, a mellora da eficiencia de coxeneración con biomasa, e a execución do proxecto de integración paisaxística, así coma un investimento de dous millóns de euros para reducir o impacto acústico da fábrica.

Na solicitude de pacto inclúense, así mesmo, os 15 millóns de euros anunciados por Ence para colaborar coa mellora da EDAR dos Praceres e un millón para a construción dun campo de fútbol en Lourizán.

Arquivado en