ENCE propón a 16 asociacións formar un grupo de traballo pola recuperación da ría

Pontevedra
04 de xuño 2016

A empresa enviou unha carta a estes colectivos nos que propón a creación dun espazo permanente no que se discutan "datos, opinións, inquedanzas e propostas"

Fábrica de ENCE en Lourizán Mónica Patxot

"Un espazo de encontro permanente que facilite que as organizacións e colectivos relacionados coa ría reunámonos periodicamente para intercambiar datos, opinións, inquedanzas e propostas".

É a invitación que Ence enviou por carta a 16 asociacións e colectivos.

A misiva, escrita polo director da pasteira en Pontevedra. Antonio Casal, pretende crear un grupo de traballo permanente que permita mellorar a calidade das augas da ría.

"Demostrouse que o precario das relacións entre nós non beneficia a ninguén e prexudica á ría e, moi especialmente, á calidade das augas e ao marisqueo", sinala a empresa.

A correspondencia enviouse, segundo Ence, ás tres confrarías do fondo da ría, á Plataforma polo Saneamento da Ría, Asociación de Pescadores Tenlo de Marín, Autoridade Portuaria, Asociación de Hoteis de Pontevedra, Vaipolorrío, APDR, AJE, AEMPE, Cámara de Comercio, Viaqua, Augas de Galicia, Intecmar e a Plataforma Pro-Industria de Pontevedra.

Na carta, a pasteira se comprete a entregar aos colectivos "toda a información da que dispón ou se lle requira relacionada coa súa actividade, proceso de depuración, etc.".

Este anuncio de Ence prodúcese o mesmo día en que a Plataforma Ence Fóra ten previsto realizar unha marcha de protesta contra a prórroga de 60 anos da concesión á empresa.

Arquivado en