Ence creará unha comisión para apoiar o seu programa social na comarca

Pontevedra
19 de xullo 2016

Ence considera fundamental a participación das administracións públicas para lograr a identificación das iniciativas sociais que mellor contribúan aos obxectivos do programa social

Fábrica de Ence Mónica Patxot

Ence quere impulsar a posta en marcha do seu programa social na cidade de Pontevedra e a súa comarca, ao que destinará ata 3 millóns de euros anuais. Con este obxectivo, e para "lograr unha mellor identificación de iniciativas", Ence convidou recentemente aos concellos de Marín, Poio e Pontevedra, e á Deputación de Pontevedra, a integrarse nunha comisión permanente que colaborará na elaboración do programa social de Ence, así como no seguimento das actividades que se poñerán en marcha.

O pacto ambiental asinado o pasado 30 de xuño pola Xunta de Galicia e Ence, recolle a implementación do mencionado programa social para a "concesión de axudas, bolsas, contratos e outros métodos de financiamento necesarios para a realización de proxectos, estudos, investigacións e outros traballos da mesma índole".

De acordo á visión de Ence, a participación das administracións públicas que foron convidadas a integrarse na comisión -da que participará tamén a Xunta de Galicia-, resulta do "máximo interese". O seu coñecemento da realidade social da comarca fará que resulten máis eficientes para a sociedade os recursos achegados por Ence para o desenvolvemento económico-social e a mellora do medio ambiente de Pontevedra e, especialmente, da súa ría.

Arquivado en