ENCE contesta á APDR que os seus datos medioambientais publícanse diariamente na Internet

Pontevedra
16 de outubro 2018

O grupo Ence sinala que a APDR e calquera cidadán que o desexe "teñen á súa disposición completa información sobre o desempeño ambiental da compañía".

Fábrica de Ence en Lourizán Mónica Patxot

Ence publica diariamente todos os parámetros ambientais da súa planta en Lourizán na web www.encepontevedra.com. O grupo pasteiro resposta así á Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) que nun comunicado anunciou que estuda denunciar á Consellería de Medio Ambiente pola "ocultación de información ambiental", relativa, entre outros asuntos, aos vertidos desta empresa á ría.

O grupo Ence sinala que a APDR e calquera cidadán que o desexe "teñen á súa disposición completa información sobre o desempeño ambiental da compañía".

Noutro comunicado, Ence Energía y Celulosa salienta que a excelencia ambiental é unha prioridade da súa xestión. Neste sentido, "a transparencia e a información veraz forma parte do compromiso e o respecto da compañía pola contorna natural onde leva a cabo a súa actividade", razón pola que desde hai anos publica día a día os indicadores ambientais da factoría pontevedresa, unha iniciativa pioneira e única no sector.

Finalmente, Ence reitera que está a disposición da APDR e de calquera outra entidade para "achegar canta información necesite" sobre os resultados ambientais da súa fábrica de Pontevedra, "así como de calquera outro asunto relacionado coa empresa".