En outubro subiu o paro na provincia en 3.496 persoas

Pontevedra
05 de novembro 2019

Segundo os datos publicados este martes o desemprego rexistrado na provincia de Pontevedra no mes de outubro é de 64.737 persoas, das que 26.855 son homes e 37.882 mulleres

Traballador de Unión Fenosa PontevedraViva

Na cidade de Pontevedra o paro subiu durante o último mes en 204 persoas, segundo os datos da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A día de hoxe unhas 5.518 persoas están inscritas nos rexistros oficiais como demandantes de emprego na Boa Vila. Son 208 desempregados menos que no mesmo mes do ano pasado.

Segundo os datos publicados este martes o desemprego rexistrado na provincia de Pontevedra no mes de outubro é de 64.737 persoas, das que 26.855 son homes e 37.882 mulleres.

O número de persoas desempregadas sobe na provincia en 3.496, un 5,71 máis que no mes de setembro. Respecto ao ano pasado son 1.975 parados menos (-2,96).

O paro na comunidade galega en outubro sobe en 7.323 persoas respecto a setembro e alcanza en total a 164.307 persoas.

No último ano, o paro diminuíu na comunidade en 5.437 persoas respecto ao mesmo mes de 2018 (-3,2%), de acordo cos datos publicados este martes polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

No conxunto do país, o número de parados rexistrado nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego Estatal ( SEPE) alcanzou os 3.177.659, tras aumentar en outubro en 97.948 persoas respecto ao mes anterior, o maior incremento nun décimo mes do ano desde 2012.

O paro rexistrado baixa en 77.044 persoas nos últimos doce meses.

 

Arquivado en