En liberdade os dous investigados por un roubo nunha vivenda de Sanxenxo

Sanxenxo
17 de abril 2024

A Garda Civil detivo un veciño de Cambados, de 32 anos, con numerosos antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de roubo perpetrado nunha vivenda unifamiliar de Sanxenxo

Patrulla da Garda Civil en Sanxenxo Guardia Civil de Pontevedra

A Garda Civil detivo un veciño de Cambados, de 32 anos, con numerosos antecedentes policiais, como presunto autor dun delito de roubo perpetrado nunha vivenda unifamiliar de Sanxenxo.

Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, os feitos producíronse a principios de febreiro cando o detido, entrou nunha vivenda forzando unha das xanelas e, tras rexistralo todo, levou diversos efectos que superaban os mil euros de valor, causando ademais danos de consideración.

O Equipo de Investigación da Garda Civil de Sanxenxo, fíxose cargo das primeiras pescudas e, tras a inspección ocular practicada na vivenda asaltada, localizáronse indicios suficientes para a identificación do autor, ao que se logra localizar e deter.

Froito das xestións realizadas por mor da primeira detención, pescúdase que un segundo individuo veciño da Illa de Arousa, con numerosos antecedentes policiais, tería tamén participación no feito, sendo citado en calidade de investigado por tal motivo.

As dilixencias foron postas ao dispor do Xulgado de Garda de Cambados ante o que deberán comparecer cando sexan citados para iso, tras ser postos en liberdade en sede policial.