"Emerxencia Feminista contra o terror machista"

Pontevedra
21 de setembro 2019

Pontevedra sumouse este venres ao chamamento da Emerxencia Feminista deste 20 S cunha manifestación nocturna que percorreu o centro da cidade

Mobilización pola "Emerxencia feminista" Cristina Saiz

Pontevedra sumouse este venres ao chamamento da Emerxencia Feminista deste 20 S cunha manifestación nocturna que percorreu o centro da cidade.

A  Boa Vila secundou esta mobilización estatal utilizando lanternas ou os flashes dos móbiles para emitir luces de cor violeta. Desta cor estaban iluminadas as fachadas do Concello e a Deputación.

Manifesto 20 S Emerxencia Feminista

O estado de Emerxencia decrétase en casos de perturbación da paz dun Estado, como consecuencia de graves circunstancias que afectan ou impiden a vida normal dunha comunidade.

É normal que durante o mes de xullo foi asasinada unha muller cada dous días?, Non é grave que os delitos sexuais en España crecesen un 50% en xullo e agosto?, Podemos falar de normalidade, cando no que levamos de ano duplicáronse o número de violacións grupais en relación a anos anteriores?, Cando en España cada 6 horas denúnciase unha violación?, Podemos falar de paz se asasinaron máis de 40 mulleres en 2019?

E todo iso a pesar de que temos unhas leis pioneiras en igualdade e na loita contra a violencia de xénero, e que temos un Pacto de Estado recentemente asinado. As cifras móstrannos que algo está a fallar!

Por iso as mulleres xa decretamos o Estado de Emerxencia. Porque a diario restrínxense os nosos dereitos e liberdades. O dereito á vida, o dereito á liberdade e integridade sexual, o dereito á honra e intimidade, o dereito á libre circulación e en definitiva o dereito para vivir en paz.

Declaramos a Emerxencia Feminista amparadas pola nosa Constitución e a lexislación, porque nin o Goberno español nin o Poder Xudicial, nin as sociedade no seu conxunto asumiron as súas obrigacións de garantir os dereitos fundamentais das mulleres.

Esiximos:

  • Que se garantan os medios máis adecuados, para sensibilizar, visualizar e concienciar á sociedade sobre a violencia de xénero como un problema público, que atenta contra o noso sistema de valores e contra os dereitos fundamentais das mulleres.
  • Que se garanta a aplicación inmediata das medidas contidas no Pacto de Estado e de todas aquelas contidas na Lei Integral que a data de hoxe non se cumprimentaron.
  • Que se garanta a dotación orzamentaria adecuada e suficiente para dar cumprimento ás medidas lexislativas de prevención da violencia de xénero e de protección e recuperación das vítimas.
  • Que se garanta a formación en igualdade dos operadores xurídicos para que a lei se interprete e se aplique con perspectiva de xénero.
  • Que se garanta a educación na igualdade entre homes e mulleres e no respecto aos dereitos e liberdades fundamentais, desde a infancia.

 

Esta noite non estamos soas, non volvemos soas, non sentimos soas; a luz violeta hoxe aluma as rúas, aluma os nosos pasos. Son pasos firmes que camiñan cara a adiante, somos as mulleres reclamando que se cumpran as nosas esixencias para que o Estado de Emerxencia non protagonice as nosas vidas.