Eliminar as pingueiras do Auditorio da Azucreira de Portas custará 21.000 euros

Umia
15 de xullo 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este luns o Auditorio da Azucreira de Portas con motivo das obras de reparación da súa cuberta

Agustín Reguera e Ricardo Martínez visitaron o Auditorio da Azucreira de Portas Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este luns o Auditorio da Azucreira de Portas con motivo das obras de reparación da súa cuberta, financiadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través das subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizadas para a realización de actividades culturais

A Xunta investirá nesta obra un total de 21.000 euros que permitirán mellorar as instalacións e dotar ao Auditorio dunha cuberta renovada. 

Cabe destacar que na área territorial de Pontevedra foron sete os concellos beneficiados por estas axudas, cun importe total de máis de 90.000 euros.

A axuda da Xunta cubrirá preto do 44% do custe total desta obra. 

Reguera aproveitou a visita para lembrar a intención da Xunta de "seguir colaborando entre institucións e apoiando aos concellos para que poidan ofrecer uns espazos agradables e de calidade a todos os galegos e galegas".

Pola súa banda, o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, agradeceu a visita do delegado e asegurou que se trata dunha "actuación necesaria para evitar as filtracións de agua pluvial que en ocasións interfiren nos eventos que aquí se realizan".