Elena Espinosa, Carlos Font e Paloma Castro liderarán a proposta provincial socialista nas autonómicas

Pontevedra
09 de xaneiro 2024

Segundo indican desde a executiva do PSdeG-PSOE, presentan unha candidatura de alto perfil político coa mirada posta en axudar a facer presidente da Xunta de Galicia a José Ramón Gómez Besteiro

Reunión da executiva socialista para decidir a candidatura provincial ás autonómicas PSdeG-PSOE

Por unanimidade o comité provincial do PSdeG aprobaba a proposta da candidatura socialista á cita electoral do próximo 18 de febreiro en Galicia.

David Regades, secretario xeral socialista provincial, considera esta lista como "moi potente, recoñecible, representativa da provincia máis socialista de Galicia". Tamén destacou o alto perfil político das persoas que a integran.

22 titulares e cinco suplentes intégranse na lista que encabeza a ex ministra Elena Espinosa, seguida polo deputado Carlos Font e a concelleira pontevedresa Paloma Castro. Tanto Castro como Xulio Torrado e Leticia Gallego repiten na candidatura ao Parlamento de Galicia.

Esta proposta foi elevada ao Comité Nacional de Listas e será aprobada este martes 9 antes de que se envíe ao Comité Federal para a aprobación definitiva.

Regades destaca que a papeleta será "representativa da sociedade e recoñecible tanto polas caras como polo proxecto" incluíndo experiencia e renovación co obxectivo de impulsar ao candidato socialista José Ramón Gómez Besteiro á presidencia da Xunta de Galicia.

Entre os dez primeiros postos da lista figuran María Luisa Pierres López (Pontevedra) no posto noveno e Manuel Pazos Lamoso (Marín) no décimo.

Arquivado en