Eleccións 24M: Perfecto Rodríguez perde a maioría absoluta en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
25 de maio 2015

O Partido Popular mantense como forza máis votada pero baixa 6 concelleiros. Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas irrompe na corporación municipal con dous concelleiros

Perfecto Rodriguez Mónica Patxot

As eleccións municipais do 24 de maio provocaron un cambio significativo no panorama municipal de Ponte Caldelas, onde o Partido Popular perde a maioría absoluta.

Unha vez finalizado o escrutinio, a formación liderada por Perfecto Rodríguez baixa dende os nove concelleiros logrados en 2011 ata os seis, manténdose como a forza política máis votada co 44,86% de apoio, mentres o Partido Socialista liderado por Andrés Díaz sobe un concelleiro logrando tres co 26,29% dos votos.

A gran sorpresa deuna a recén creada Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas e o seu candidato Alfonso Gutiérrez, que irrompe na corporación con dous concelleiros (14,86%), os mesmos que o Bloque Nacionalista Galego (13,16%) con Manuel Xesús Muíños á cabeza.

En Ponte Caldelas a participación nestas eleccións situouse en 70,09% do censo con 3.330 votos emitidos. Un 29,91% optou pola abstención, houbo 40 votos nulos e 27 en branco.

Arquivado en