Eleccións 24M: O PSOE de José Luis Poceiro repite como forza máis votada en Vilaboa aumentando un concelleiro

Vilaboa
25 de maio 2015

O Partido Socialista sobe en Vilaboa ata os seis concelleiros, polos catro do Bloque Nacionalista Galego e os tres do Partido Popular

José Luis Poceiro PSdeG-PSOE

Continuidade é o que reflectiron as urnas este 24 de maio no Municipio de Vilaboa.

Co 100% dos votos escrutados, o Partido Socialista liderado por José Luis Poceiro repite como lista máis apoiada polos cidadáns cun 41,12% dos votos e un total de seis concelleiros, un máis que en 2011.

A segunda forza política da corporación é o Bloque Nacionalista Galego, que da man de Ornela Fernández mantén catro concelleiros (30,92%).

Pola súa banda o Partido Popular liderado por Beatriz Rosendo baixa ata os tres concelleiros cun 25,83% dos apoios.

En Vilaboa acudiu ás urnas o 65,24% do electorado, emitíndose un total de 3.268 votos, unha abstención do 34,76%, 82 votos nulos e 68 en branco.

Arquivado en