O 24 M péchase sen novidades no mapa municipal de Poio. O BNG de Luciano Sobral repite como forza máis votada, o PP como segunda e o PSdeG-PSOE no terceirolugar mentres que, a diferenza doutros municipios, non entra ningunha forza nova na Corproración.
A pesar de que o panorama xeral se repite, os nacionalistas perdan certo respaldo cidadán e pasa de oito a sete concelleiros.
Co 100% dos votos escrutados, o BNG consegue o 37,65% dos votos e sete concelleiros, seguido moi de preto polo PP de Ángel Moldes, que queda tan só 13 votos por debaixo, con 3.079 papeletas, o 37,49%. En representantes, igual o número de concelleiros, con sete, os mesmos que tras as eleccións de 2011.
O PSdeG-PSOE de Chelo Besada segue sendo a terceira forza, pero gaña peso, ao pasar de dous a tres concelleiros. Os socialistas obtiveron 1.291 votos, o 15,72 por cento dun municipio no que se pechou a xornada electoral cunha participación do 61,91 por cento, isto é, unha abstención do 38,09.
Os votantes de Poio deron 328 votos a Son de Poio (3,99%) e 315 a Compromiso por Galicia (3,84%).