Eleccións 24M: Félix Juncal renova a maoría absoluta para o BNG en Bueu

Bueu
25 de maio 2015

O BNG obtivo o mesmo resultado que nas eleccións de 2011 acadando 12 concelleiros fronte ao Partido Popular que perdeu un representante mentres que o PSOE e SON tamén conseguen representación na nova corporación

Candidatura do BNG en Bueu BNG de Bueu

O BNG conseguiu en Bueu renovar a maioría absoluta que obtiveran nas eleccións municipais de 2011. Nesta ocasión, a candidatura de Félix Juncal obtivo 3.909 votos, 700 menos que hai catro anos, para lograr a mesma cifra de concelleiros, doce.

Berta Pérez, candidata do Partido Popular, perdeu un representante pasando de catro a tres, concelleiro que obtivo a agrupación ACB-SON con Julio Villanueva á fronte.

O Partido Socialista mantivo un único representante, José Manuel Vilas, tal e como xa tiña na anterior corporación.

Os nacionalistas lograron o 64,05% dos votos fronte ao 19,60% do PP. Pola súa banda, o PSOE obtivo o 9,34% mentres que ACB-SON levábase o 5,60%.

Arquivado en