"Nuestra oferta cumple punto por punto las bases establecidas en el concurso". Así de rotundo mostrouse o voceiro da empresa El Consorcio, Eduardo San Filippo, tras coñecer que o Igape declarara deserto o concurso por Alfageme ao non axustarse ningunha das tres ofertas, entre elas a deste grupo cántabro, aos requisitos esixidos, especialmente en relación ao mantemento dos postos de traballo.
Tras facer pública a súa oferta para adquirir Alfageme, "para que no haya duda", o Consorcio Conservero Español recorda que "el 28 de marzo de 2011, en la sede del Igape de Vigo, firmamos un acuerdo para comprar Alfageme, se anunció en rueda de prensa y nosotros cumplimos escrupulosamente".
Aínda así, o grupo conserveiro non renuncia a comprar as fábricas de Ribadumia e Vilaxóan (Vilagarcía de Arousa), así como a marca Miau. Eduardo San Filippo asegura que a súa pretensión é que "la Xunta mueva ficha y nos diga cómo cumplir el compromiso, porque nuestra intención es que se lleve a cabo, porque nos interesa comprar Alfageme".
As traballadoras de Alfageme coincidían en sinalar que este proxecto industrial era o adecuado para garantir a continuación da actividade nas plantas de Ribadumia e Vilaxoán e para manter os 150 postos de traballo cos que contaba a conserveira.