Efectivos da Brilat completan a súa formación en xestión de emerxencias

Pontevedra
20 de outubro 2022

O 112 Galicia recibiu este xoves a un grupo de 65 soldados da Brilat de Pontevedra que están a cursar estudos de formación profesional sobre a asistencia sanitaria, a atención a múltiples vítimas e seguridade privada e protección ante explosivos

Efectivos da Brilat visitan as instalacións do 112 Galicia Xunta de Galicia

O 112 Galicia recibiu este xoves a un grupo de 65 soldados da Brilat de Pontevedra que están a cursar estudos de formación profesional sobre a asistencia sanitaria, a atención a múltiples vítimas e seguridade privada e protección ante explosivos.

Tratábase dunha visita para coñecer o funcionamento e utilidades do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, no que foron guiados polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

Grazas a esta xornada os fectivos da Brilat puideron contextualizar mellor os coñecementos que están a recibir sobre a xestión de emerxencias.

Ademais visitaron as instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), centro de formación das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias que traballan en Galicia.