Educación reabre o prazo de admisión nos centros escolares para o curso 2020-2021

Pontevedra
10 de maio 2020

Ata o 18 de maio. Unha semana terá de prazo todos aqueles pais e nais que non puideron presentar a solicitude de admisión para que os seus fillos estuden nun centro escolar determinado para o curso 2020-2021

Inicio do curso escolar no colexio de Marcón Mónica Patxot

Ata o 18 de maio. Unha semana terá de prazo todos aqueles pais e nais que non puideron presentar a solicitude de admisión para que os seus fillos estuden nun centro escolar determinado para o curso 2020-2021.

Desde este luns, Educación reabre o prazo durante estes sete días, para recuperar o período que estivo suspendido, tras comezar o 1 de marzo, pola declaración do estado de alarma dúas semanas despois.

Este período vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil, así como para os de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato que desexen cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

Xunto con esta ampliación, Educación avanza que axustará as distintas fases do proceso para procurar a súa tramitación coa maior brevidade.

Así, as listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído publicaranse ata o 9 de xuño e as definitivas ata o 26 de xuño.

O prazo ordinario de formalización de matrícula para todas as ensinanzas irá do 1 ao 10 de xullo e o extraordinario, para Secundaria e Bacharelato, do 1 ao 10 de setembro.

As solicitudes de admisión poderán presentarse, preferentemente, de xeito telemático na aplicación ‘admisionalumnado’, ou de xeito presencial nos centros escolares.