Un grupo de voluntarios convocados por Ecoloxistas en Acción protagonizou este sábado unha xornada de limpeza nunha das praias icónicas das Rías Baixas, A Lanzada.
Segundo explicou a asociación ecoloxista tras aproximadamente tres horas de labor sobre a area conseguíronse retirar tres sacos de pellets e outros residuos plásticos.
Ecoloxistas en Acción cualificou por outra banda como "insuficiente" o dispositivo oficial de limpeza a Xunta de Galicia ante a crise dos microplásticos afirmando que "brilla pola súa ausencia".
"Levamos varias xornadas facendo limpezas de praias e ata o de agora só atopamos unha única cuadrilla de Tragsa", explicou o coordinador do Grupo Rías Baixas da organización ambiental, Xaquín Pastoriza, criticando que "a Xunta ten un dispositivo de 200 persoas e con eso pensa que chega para limpar toda a costa galega, cando nós temos estado 100 personas unha xornada enteira nunha soa praia e esta non quedou totalmente limpa".
"Basta xa de que a Xunta tente agochar o problema e rebaixe o nivel de protección, xa é hora de que poña os medios e o persoal suficiente para paliar este desastre", concluíu o portavoz de Ecoloxistas en Acción.