E un ano despois... as galiñas volven dar a benvida ao mercado

Pontevedra
18 de setembro 2024

Desde o 28 de xullo de 2023 estaba só a muller, pois un vehículo que estaba a realizar tarefas de carga e descarga na zona chocou coa escultura e rompeu as galiñas, pero este mércores operarios municipais instalaron tamén os animais, tres galiñas e un galo

A escultura das galiñas recupera a normalidade diante do mercado
A escultura das galiñas recupera a normalidade diante do mercado / Mónica Patxot

Trece meses e medio despois o conxunto escultórico dunha muller coas súas galiñas volve dar a benvida a todas aquelas persoas que visitan o mercado municipal e a rúa Serra.

Desde o 28 de xullo de 2023 estaba só a muller, pois un vehículo que estaba a realizar tarefas de carga e descarga na zona chocou coa escultura e rompeu as galiñas, pero este mércores 18 de setembro operarios municipais instalaron tamén os animais, tres galiñas e un galo

Fontes municipais explicaron que as brigadas municipais procederon á instalación este mércores porque, aínda que as galiñas estaban xa reparadas antes, "esperouse a que pasase o agobio do verán" para a súa instalación

Estas mesmas fontes indicaron que o arranxo das galiñas tivo "certa complexidade", por iso é polo que se demorou durante tantos meses. 

Este conxunto escultórico da autora Cuqui Piñeiro está na rúa Serra desde o ano 2009. O deseño orixinal é de bronce e está integrado por unha muller, catro galiñas e un galo. Desde este mércores, están a muller, tres galiñas e galo.