E chegou o día e logo de anos de paralise hoxe inaugurouse na cidade de Pontevedra o primeiro centro de día para enfermos de alzheimer. Trátase dun proxecto que naceu en 2008 pero que adiouse máis de catro años.
O acto asistiron a Conselleira de Benestar, Beatriz Mato, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, que deron os seus parabéns os responsables da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Pontevedra (AFAPO), encargada da xestión.
O local ten capacidade para albergar ata un máximo de 40 prazas públicas. Este servizo social, que xa está en funcionamento, contribúe á promoción da autonomía persoal e ao envellecemento activo e saudable dos maiores galegos, así como á mellora da súa calidade de vida e a das súas familias.
"A posta en marcha desta infraestrutura representa unha proba da aposta do Goberno galego por ofrecer as nosos maiores unha atención de calidade", apuntou Mato, lembrando que a súa posta en funcionamento eleva a 178 as prazas en centros públicos de alzheimer creados pola Xunta, o que supón un 76 por cento máis que en 2009.
Pola súa banda, Louzán salientou as axudas destinadas desde a institución que preside e Fernández Lores lembrou que o Concello concebiu no Gorgullón unha zona adicada servicios sociais con este centro de día, o local dos veciños e a residencia da terceira idade "os servizos teñen que estar no centro da cidade, ao pé dos cidadáns", suliñou.
En total, Galicia conta con 412 prazas na rede de centros públicos especializados en alzheimer, das que 167 están emprazadas na provincia de Pontevedra.