É Pontevedra a "capital do paro" de Galicia?

Pontevedra
28 de agosto 2016

O pasado mes de xullo o muncipio de Pontevedra alcanzou unha taxa de paro do 17,25%, cun total de 6.334 persoas rexistradas nas listas oficiais de demandantes de emprego. Sería a terceira cidade de máis de 40.000 habitantes de Galicia con menos paro despois de Lugo e Santiago, Pontevedra sería superada con peores datos por Ferrol, Vigo, Ourense e A Coruña en canto a maior paro

Evolución do desemprego en Pontevedra Datosmacro

Os datos de emprego reflicten que Pontevedra non é a "capital do paro" en Galicia.

O pasado mes de xullo o muncipio de Pontevedra alcanzou unha taxa de paro do 17,25%, cun total de 6.334 persoas rexistradas nas listas oficiais de demandantes de emprego.

Segundo estes datos de xullo, a cidade do Lérez pasaría a ter menor taxa de paro que A Coruña (17,29%-18.404 parados).

Sería a terceira cidade de máis de 40.000 habitantes de Galicia con menos paro despois de Lugo e Santiago, Pontevedra sería superada con peores datos por Ferrol, Vigo, Ourense e A Coruña en canto a maior paro.

Como capital de provincia sería a terceira, xa que son peores os datos de Ourense e A Coruña. Só Lugo ten mellores datos que Pontevedra.

Arquivado en