E á medianoite... fíxose a luz no ceo pontevedrés

Pontevedra
10 de agosto 2019

Un espectáculo pirotécnico a medianoite puxo o broche final a un día grande das Festas da Peregrina caracterizado pola masiva afluencia de persoas a todos os actos organizados. Unha multitude de pontevedreses sentou na calzada e as beirarrúas e se situose tras os valos de seguridade para non perder detalle 

Espectáculo pirotécnico para terminar o primeiro día das Festas da Peregrina 2019 Diego Torrado

Un espectáculo pirotécnico a medianoite puxo o broche final a un día grande das Festas da Peregrina caracterizado pola masiva afluencia de persoas a todos os actos organizados. Desde o pregón á ofrenda floral, a comida de homenaxe aos Amigos de Pontevedra, as actividades de rúa ou a programación musical, todos os eventos deste sábado poderían colgar perfectamente o cartel de 'completo' e, para ter un final redondo, a contorna das Corbaceiras e San Roque encheuse para presenciar os lumes.

Unha multitude de pontevedreses sentou na calzada e as beirarrúas e situose tras os valos de seguridade para non perder detalle a un espectáculo pirotécnico que durante 20 minutos iluminou o ceo de Pontevedra.

Mentres se produciu a tradicional tirada de fogos artificiais desde o peirao de Corbaceiras, e co obxectivo de garantir a seguridade de persoas e bens, a Policía Local puxo en marcha un dispositivo especial de tráfico e pediu aos peóns que acudiron a ver os lumes que respectasen os límites de seguridade marcados polos valos para garantir a seguridade de todas as persoas.