"E a fibra para cando?" reclama a veciñanza de Samieira

Poio
06 de xullo 2020

Máis de 400 sinaturas de residentes en Samieira reclaman fibra óptica para a parroquia. A reivindicación nace dos veciños da avenida de Covelo, o punto no que a compañía Movistar detívose nos seus plans de extensión da fibra óptica, deixando a esta zona de Samieira cun servizo da internet máis lento

Ordenador Kalamazoo Public Library

Máis de 400 sinaturas de residentes en Samieira reclaman fibra óptica para a parroquia.

A reivindicación nace dos veciños da avenida de Covelo, o punto no que a compañía Movistar detívose nos seus plans de extensión da fibra óptica, deixando a esta zona de Samieira cun servizo da internet máis lento.

Despois de trasladar a súa queixa ao Concello de Poio os afectados decidiron recoller firmas para facer forza na súa demanda e facer visible a súa protesta pegando carteis ao longo da estrada autonómica PO-308, por onde tería que instalarse este cableado.

Os impulsores da protesta destacan a necesidade deste servizo nestes momentos nos que moitas persoas teñen que realizar teletraballo e clases  online, vídeo-conferencias e envíos e descargas masivas de todo tipo de arquivos.