A historia de Pontevedra é tan rica en personaxes e lendas que ofrece sobrados argumentos para xustificar unha festa. Aínda que para ir de troula non fagan falta escusas.
O pirata da Moureira, Benito Soto, tamén saqueou o corazón dos pontevedreses facendo súa a noite do martes de Entroido.
Enroláronse nesta tripulación pirata a Asociación Combrus e Troula e as comparsas Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os Cientolos, Os Paparrulos, Amoriños de Bora, Val do Lérez, Clave de Sol e Vamos a Todo.
Polos sete mares das prazas e rúas de Pontevedra, Benito Soto a bordo do Burla Negra enfrontouse con éxito ao barco inglés Morning star e o francés Trois mers.
O resultado foi celebrado polos locais ata altas horas da madrugada.