Dúas persoas feridas nun accidente que obrigou a cortar a Autovía do Salnés

O Salnés
14 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

Dous vehículos víronse implicados neste sinistro, un Audi Q7 e un clásico Seat 600. O Seat foi golpeado pola parte de atrás polo Audi  

Accidente na Autovía do Salnés Servizos de Emerxencias

A Autovía do Salnés rexistrou ao redor de únaa e media da tarde deste domingo un accidente de tráfico no que dúas persoas resultaron feridas. 

Dous vehículos víronse implicados neste sinistro, un Audi Q7 e un clásico Seat 600. O Seat foi golpeado pola parte de atrás polo Audi.

O condutor deste vehículo histórico foi un dos feridos tendo que ser trasladado nunha ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés con dor cervical, torácico e nas extremidades inferiores. No outro turismo viaxaban dúas persoas, resultando ferida a copiloto de carácter leve.

O accidente tivo lugar no quilómetro 6 da autovía, á altura do municipio de Meis. 

A colisión entre estes dous coches produciu o corte da circulación en douss carrís desta autovía a VG 4-1 durante dúas horas e media. 

Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, do Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, unha ambulancia do 061 e unha brigada de Mantemento de Estradas.