A Consellería de Sanidade notificaba este xoves 29 de abril a morte de dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus.
Trátase de dúas mulleres, con 88 e 89 anos de idade, que falecían no Hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra durante as últimas horas. As dúas, segundo o Servizo Galego de Saúde, contaban con enfermidades previas no seu historial clínico. A última vítima rexistrada en Montecelo por covid-19 tratábase dun home de 88 anos, que foi notificado o venres 23 de abril.
Desde o inicio do plan de continxencia de covid-19 faleceron xa 173 persoas pola pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Durante ese tempo curáronse 12.895 pacientes, dez máis que as notificadas durante a xornada do mércores.
Estas son as únicas mortes notificadas durante o xoves en toda Galicia. Con elas, o número de falecementos en Galicia desde que se rexistran as mortes provocadas polo coronavirus ascende xa a 2.388 vítimas.