A Policía Local de Poio en colaboración cos vixiantes de Gardapescas da Confraría de Pescadores de San Telmo interviñan este luns 6 de marzo ás 20.30 horas para interceptar dous veciños de Poio que foron sorprendidos "in fraganti" cando recollían, de maneira furtiva, ameixa japónica na praia da Pinela.
No momento en que foron sorprendidos, os presuntos furtivos tiraron o bivalvo recollido e fuxiron a nado. En todo caso foron identificados pola Policía Local.
Os axentes interviñeron unha cantidade próxima aos dous quilos de molusco, a maioría de tamaño antirreglamentario. Segundo sinalan a cantidade era escasa porque apenas levaban dez minutos recollendo ameixas.
A Policía Local procedeu á pesada do produto incautado e tramitouse unha denuncia administrativa á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Segundo os datos facilitados polas mesmas fontes, trátase dos mesmos autores doutra actividade furtiva en Moaña en decembro de 2022 cando foron intervidos 425 quilos de ameixa capturados de maneira ilegal na praia da Xunqueira deste municipio.