O Servizo Galego de Saúde informou este luns do contaxio de dous usuarios da residencia de maiores de Campolongo.
Este mesmo luns, no transcurso dunha visita a Marín, a conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que na súa área está neste momento "estamos tranquilos ou parcialmente tranquilos" porque todos os centros de maiores teñen aos seus residentes e traballadores "cen por cen inmunizados", xa que foron os primeiros en vacinarse unha vez que chegaron as primeiras doses.
"Agora estamos moi atentos a todos os campamentos de verán", explicou en declaracións aos medios ao ser preguntada pola situación epidemiolóxica.
Ademais dos dous casos de Pontevedra detectáronse outros cinco casos positivos nunha residencia de Betanzos (A Coruña).
Fabiola García dixo que na Consellería de Política Social están "atentos" a calquera brote nas cidades e provincias máis afectadas, pero chamou a "manter a calma", á vez que pediu "a todos os galegos que sigan cumprindo as medidas que recomendan as autoridades sanitarias para evitar a expansión do virus".