Dous pontevedreses impulsan un torneo de parchís 'en liña' para amenizar o confinamento e, de paso, colaborar con Cruz Vermella

Pontevedra
05 de abril 2020

Os pontevedreses Iván Vilariño e Diego Caramés impulsan a partir de mañá un torneo de parchís en liña coa participación de 32 persoas moitas máis en lista de espera. Hai xogadores de todo Galicia e tamén doutras localidades do resto de España como Oviedo ou Santander  

Parchís Marco Verch

Os pontevedreses Iván Vilariño e Diego Caramés decidiron poñer o seu gran de area na loita contra o coronavirus e, cunha mesma iniciativa, facer máis levadío o confinamento obrigado polas autoridades e recadar fondos para as asociacións sen ánimo de lucro que traballan para mitigar os efectos da enfermidade. A súa iniciativa: un torneo de parchís en liña que desbordou todas as súas previsións

Segundo explicou Iván Vilariño, o seu obxectivo é, por tanto, dobre, "colaborar con Cruz Roja en su lucha contra el coronavirus y utilizar el juego más descargado durante este confinamiento para poder pasar un buen rato".

O torneo contará coa participación de 32 persoas, pero moitas máis quedaron en lista de espera, pois a difusión que realizaron a través de redes sociais como Facebook ou Instagram e co boca a boca produciu efecto e chegoulles unha avalancha de peticións. Segundo explican, teñen "decenas de personas en espera por si alguien al final no pudiera jugar".

Entre os participantes hai xogadores de todo Galicia e tamén doutras localidades do resto de España como Oviedo (Asturias) ou Santander (Cantabria).

O xogo será en liña e as persoas inscritas poden participar totalmente gratis, pero habilitouse os mecanismos para realizar doazóns, que irán destinadas a colaborar no labor altruísta de Cruz Vermella na loita contra o  Covid-19.

O torneo empeza este luns 6 de abril coas primeiras partidas entre os 32 participantes. O martes 7 serán os oitavos de final, o mércores chegarán os cuartos de final, o xoves serán as semifinais e a gran final celebrarase o venres 10 de abril. 

Iván Vilariño explicou que se lles ocorreu a idea á vista de que "todo el mundo está enganchado" a este xogo en liña. "Dijimos: ¿Lo llevamos a cabo? Y tiramos de conocidos, Instagram, Facebook y fue todo un éxito", engaden. 

Os resultados poderán seguirse a través desta ligazón