O Servizo de Información sísmica do Instituto Xeográfico Nacional confirmou dous pequenos tremores que se puideron sentir en distintos puntos da provincia de Pontevedra.
O primeiro rexistrouse ás 15:03 horas deste domingo tivo unha magnitude de 1,6 na escala Richter e tivo o seu epicentro en Porto do Son pero púidose sentir en varias localidades da ría de Arousa.
O segundo terremoto tivo lugar ás 19:57 horas e localizouse en A Lagoa (Campolameiro). A súa magnitude foi de 3,5 segundo informa o Instituto Xeográfico nacional, dependente do Ministerio de Fomento. O epicentro do sismo situouse a unha profundidade de 22 quilómetros.
Segundo os datos oficiais, este terremoto foi sentido amplamente na zona epicentral e en Santiago de Compostela.
En total houbo seis sismos rexistrados en toda Galicia na xornada, os tres primeiros sucedéranse entre as 14.14 e as 15.03 horas, en Porto do Son con rexistros de 1,6 de magnitude.
Ademais houbo outro no Atlantico e un sexto tremor localizouse en Carballiño ás 11 da noite e alcazó os 1,5 graos na escala Richter.
Relación de intensidades e poboacións nas que se sentiu este terremoto:
- Intensidade tres: en Boiro, Campelo (Poio) e Pontevedra.
- Intensidade dous: A Estrada, Marín, Noalla (Sanxenxo), Santa Uxía de Ribeira e Santiago de Compostela.