Dorrón estrea o seu novo campo de fútbol

Sanxenxo
14 de setembro 2024

O público ateigou as bancadas para asistir este sábado á inauguración do espazo deportivo, ao que acudiu o presidente da Deputación e o da Real Federación Galega de Fútbol

Inauguración do renovado campo de fútbol do Cruceiro, en Dorrón
Inauguración do renovado campo de fútbol do Cruceiro, en Dorrón Concello de Sanxenxo

Sanxenxo conta desde este sábado cunha nova intalación deportiva, trala inaguración oficial do campo de fútbol municipal do Cruceiro, en Dorrón.

Coas bancadas ateigadas, o acto inaugural contou con numerosas autoridades. Acompañando o alcalde, Telmo Martín, estaban tamén o presidente da Deputación, Luis López, e o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, ademais de representantes dos clubs deportivos do municipio.

"Gústanos cumprir os compromisos que adquirimos. Dotar a este campo de herba artificial era unha débeda que tiñamos con este parroquia e este clube de fútbol. Tardamos un pouco máis do previsto, pero o resultado final vai moito máis alá do compromiso porque toda a instalación é nova", afirmou o alcalde.

Rafael Louzán fixo entrega ao alcalde durante o acto dunha camiseta da selección española co seu nome e o número 15, os anos que leva como alcalde nos seus dous estapas, mentres que o actual presidente do C.F. Dorrón recibiu unha camiseta da selección galega.

A renovación do campo de fútbol do Cruceiro supuxo un investimento de máis dun millón de euros, aumidos pola empresa concesionaria da auga como compensación polo canon.

O novo campo conta con céspede de última xeración para a práctica de fútbol once e sete, e alberga tamén diferentes vestiarios para xogadores e árbitros, así como cantina e bancadas. Ademais, acondicionouse a parcela exterior como estacionamento para os usuarios.