Domínguez propón unha fronte común para reclamar que a AP-9 sexa gratis entre Pontevedra e Curro

Pontevedra
13 de maio 2024

O portavoz popular considera que esta medida serviría para "romper muros y unir poblaciones" e tería un impacto económico moi importante para estimular o fluxo de visitantes da comarca do Salnés e liberar de tráfico a PO-531 e o tramo inicial da N-550

Silvia Crespo e Rafa Domínguez Mónica Patxot

O PP recupera unha das súas antigas iniciativas e levará de novo ao pleno da corporación municipal unha moción para impulsar unha fronte común para conseguir a gratuidade da peaxe da autoestrada AP-9 entre Pontevedra e Curro (Barro).

O portavoz popular, Rafa Domínguez, considera que esta medida serviría para "romper muros y unir poblaciones" e tería un impacto económico moi importante para estimular o fluxo de visitantes da comarca do Salnés e liberar de tráfico a PO-531 e o tramo inicial da N-550.

Mellorar a competitividade do polígono de Barro, aumentar os desprazamentos entre a cidade do Lérez e O Salnés, reducir o tráfico pesado da PO-531 e facer "menos necesaria" a variante de Alba son os argumentos que esgrime o dirixente popular.

"Ante un gobierno municipal que sigue dando bandazos mientras sortea los efectos perjudiciales de gobernar en minoría, les invito a pensar en el beneficio mutuo para las áreas territoriales de Pontevedra y O Salnés", reivindicou Domínguez.

A este respecto, esixe a "abolición" do prezo da autoestrada entre a cidade e Barro "para favorecer a nuestros vecinos e incentivar el asentamiento de empresas".

O líder do PP lembra que  "tenemos ejemplos cercanos de que es posible y que fruto de la negociación política y de la presión social se pueden eliminar los peajes", entre eles o "caso sangrante" para Pontevedra de que os tramos entre Vigo e Cangas ou Redondela sexan gratuítos.

Nos próximos días, o propio Rafa Domínguez reunirase coas asociacións empresariais da Boa Vila para buscar o seu respaldo a esta medida.