Domínguez considera unha "equivocación absoluta" reabrir o 'botellódromo'

Pontevedra
15 de outubro 2021

Para o Partido Popular a decisión do Concello de reabrir o 'botellódromo' do Recinto Feiral é unha "equivocación absoluta" e considera que se trata dunha "irresponsabilidad muy grande" porque supón "incumplir" a lei de saúde pública de Galicia

Rafa Domínguez Mónica Patxot

Para o Partido Popular a decisión do Concello de reabrir o 'botellódromo' do Recinto Feiral é unha "equivocación absoluta" e considera que se trata dunha "irresponsabilidad muy grande" porque supón "incumplir" a lei de saúde pública de Galicia.

O portavoz do PP, Rafa Domínguez, asegurou que "nadie de la asesoría jurídica del Concello" avalou esta medida que, ao seu xuízo, é unha mostra da "falta de coherencia" no goberno municipal.

"Cierran calles para supuestamente proteger a los niños del instituto y ahora facilitan que todos los jóvenes beban alcohol juntos", lamentou Domínguez, que tamén censurou que os pais non podemos ver os partidos dos nosos fillos "porque Lores no quiere".

O dirixente popular denunciou ademais a "falta de valores" que supón que unha institución pública "promocione el consumo de alcohol entre los jóvenes".

"Supongo que el Concello asumirá la responsabilidad en caso de que haya un brote de covid derivado de este encuentro o en caso de que haya altercados. Y doy por hecho que se vigilará el acceso a los menores de edad al Recinto Ferial. Realmente lo espero", sentenciou.

Se el fose alcalde, engadiu, "mandaría más policía" ao considerar que se trata dun problema de orde pública.