Diversión circense nunha viaxe mariña para todos os públicos

Pontevedra
20 de agosto 2016

Ao remate da Batalla de Flores, centos de rapaces puideron gozar dun espectáculo de circo na praza de España

Espectáculo circense 'Viaxe submarino'

A compañía Festa Escénica presentou o seu espectáculo 'Viaxe Submarino' na praza de España durante este venres 19 ante a presenza de numeroso público, a maioría deles que se achegaban a ver esta montaxe tras participar na Batalla de Flores.

A montaxe recreaba o fondo oceánico e 18 personaxes mostran diversas habilidades disfrazados de diferentes animais do fondo mariño.

O elenco está formado por artistas de España, Italia, Ucraína e Portugal.

As festas continúan este sábado co concerto de Pel e Pau, a partir das 21.00 horas na praza da Ferrería e a partir das 22.30 horas coaactuación de Dvicio na praza de España.

AmpArticleViewer.default.tags